A REDE QUE CONECTA O COMERCIO LOCAL, DA TÚA MAN
Acerca de Move
Que é Move?
Move é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra e dos concellos adheridos para
crear unha rede de
comercio local na provincia, onde as persoas comerciantes e hostaleiros estreiten vínculos con
produtores
e provedores locais.
Trátase dunha xanela para darse a coñecer, para compartir e para establecer relacións comerciais e novas
oportunidades de negocio. Terás a posibilidade de contar a historia do teu negocio.
É a plataforma en liña que a Deputación de Pontevedra pon á túa disposición dentro do proxecto “Da túa
man”. Unha iniciativa para:
- Revitalizar a económica local, xerar oportunidades e fixar poboación no rural.
- Visibilizar e modernizar o comercio local, os establecementos hostaleiros e os produtores e provedores locais no mundo dixital.
- Crear vínculos que favorezan a economía circular e o consumo de proximidade e de quilómetro 0.
Iniciativa
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia
La Diputación de Pontevedra, en línea con el Plan de Recuperación, Transformación y
Resiliencia (PRTR), aprobó un plan de reactivación con motivo de la pandemia provocada por la COVID-19 con
la finalidad de fortalecer e impulsar la actividad comercial de nuestra provincia y prestar especial
atención al producto y comercio locales.
Como parte de este plan de reactivación, se ponen en marcha los proyectos “Da túa man” (rural I y rural
II), dirigidos a municipios de menos de 5.000 habitantes de la provincia. Ambos proyectos engloban
diferentes actuaciones encaminadas a :
- Transformación digital.
- Transformación del punto de venta.
- Sostenibilidad y economía circular.
- Suministro y trazabilidad.
- Sensibilización y formación.
Deputación
Concellos
Comerciantes
Características
O rural é comercio
Fomenta a calidade e a diferenciación
O comercio local reinvéntase cada día para adaptarse aos novos hábitos de consumo. As relacións comerciais
que poidas
establecer a través de MOVE permitiranche:
- Ofrecer produtos locais de calidade e diferentes.
- Aumentar a diversidade de opcións para as personas consumidoras.
- Conseguir unha maior rendibilidade para o teu negocio.
Entre todos os negocios locais (comercio retallista, establecementos
hostaleiros, produtores e provedores
locais)
fomentaremos e enriqueceremos a oferta local e proporcionaremo aos clientes unha experiencia de compra
variada,
diferente e emocionante.
Ademais, axudarás á túa provincia e, en concreto, ao teu concello a manter viva a súa cultura e identidade
única o que
beneficia a toda a veciñanza.
O teu negocio é o que te Move
É hora de darlle o impulso que se merece:
- Aproveita a visibilidade do mundo dixital.
- Establece relacións comerciais.
- Comparte a túa experiencia e a túa historia en novos formatos virais coma o vídeo.
- Aprende a usar ferramentas dixitais e estratexias comerciais para darte a coñecer.
- Faite ver na plataforma de comercio Commerce Inside/Da túa man.
Preguntas frecuentes
1. Como podes ser parte de move?
Para adherirte á rede só tes que escribir un correo electrónico a move@depo.gal e poñerémonos en contacto contigo para informarte sobre como formar parte da Rede de Comercio Local Move da Deputación de Pontevedra.
2. Quen pode adherirse a Move?
Comercios locais e establecementos hostaleiros que desenvolvan a súa actividade nos
municipios
participantes:
- “Da túa man (rural I)”: Arbo, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e
Pontecesures.
- “Da túa man (rural II)”: A Guarda, A Illa de Arousa, Catoira, Covelo, Crecente, Moraña, Oia, Pazos
de Borbén, Portas e Vilaboa.
Produtores e provedores locais que desenvolvan a súa actividade na provincia de Pontevedra.
3. Onde podes obter máis información?
Descargar folleto:
Galego
Castellano
Contacta con nós
Se precisas axuda ou información, non dubides en contactar con nós. Completa os campos indicados e responderemos á túa mensaxe o antes posible.